13 septiembre 2013

Axudas escolares 2013

Está aberto o prazo para solicitar Axudas de Libros e Transporte Escolar.

- Axudas para material escolar, destinadas a financiar o custo de adquisición dos libros de texto e material escolar dos alumnos matriculados en Educación Infantil.

- Axudas para transporte escolar, destinadas a financiar os custos de desprazamento en transporte público colectivo dos alumnos de Ensinanza Secundaria ou de Formación Profesional, que se impartan en Porto do Son.

Os solicitantes deben reunir as seguintes características:

1.- Estar empadroados no Concello de Porto do Son.

2.- Estar matriculados en centros de ensino oficiais.

3.- Non superar o nivel de renda de 600€ ao mes.

4.- Non percibir ningunha outra axuda para o mesmo fin.

5.- Non ter pendentes de xustificación outra axudas ou subvencións outorgadas polo Concello de Porto do Son.

Os interesados deben dirixirse as oficinas de Servizos Sociais ata o 11 de outubro de 2013.

0 comentarios: