26 septiembre 2013

Rodeiro visitou en O Son ós mozos que participan no plan de ocio educativo

:logo-ecg: | Terras de Santiago

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou onte en O Son ós participantes no programa Saber Facer 2013, que conta con 100 xornadas de acción voluntaria desenvolvidas por 4 mozos e mozas de entre os 19 e os 28 anos.

O programa, que comezou en xullo e finalizará mañá, ten como obxectivo promover o voluntariado entre os máis novos e reforzar as actividades de ocio educativo en O Son.

Ademais, ofrece á mocidade desta localidade unha formación básica para conseguir un voluntariado "activo, crítico e produtivo", segundo sinalou Rodeiro.

0 comentarios: