29 marzo 2016

PLANTACIÓN ESCOLAR 2016 - PORTO DO SON

Bo día!

Axuntamos nota de prensa cos detalles da PLANTACIÓN ESCOLAR 2016, organizada pola ANPA "O Campo" e o CEIP Santa Irene de Porto do Son, en colaboración coa Comunidade de Montes de Noal e o Concello de Porto do Son. No documento inclúense as datas das plantacións, así como as actividades relacionadas coa mesma e os obxectivos previstos.

Agardamos que esta información sexa do seu interese, e teñan a ben colaborar na difusión desta iniciativa de recuperación do noso monte, así como do labor de concienciación dos escolares na protección e coidado do noso entorno natural.

Saúdos cordiais,

Xunta Directiva
ANPA O CAMPO
CEIP SANTA IRENE
Porto do Son
28 de marzo de 2016, 13:36

ANPA O Campo CEIP Santa Irene
anpasantairene@gmail.com



0 comentarios: